Pleno Extraordinario Urxente

101
Pleno Extraordinario Urxente

Todos os membros da oposición piden a súa convocatoria

As 13:00 de hoxe 8 de marzo e despois de participar na concentración da praza Maior, os representantes dos partidos da oposición na consistorial Limiá presentaron no rexistro do concello un escrito asinado polos 8 concelleiros no que solicitan ao alcalde a convocatoria dun pleno extraordinario urxente, co obxectivo de solicitar do propio rexedor a súa dimisión como concelleiro e alcalde en virtude da sentenza que o condena a unha inhabilitación especial de oito anos e seis meses.

PRAZOS PARA A CONVOCATORIA

O Alcalde ten agora 4 dias para facer a convocatoria do mesmo e despois un prazo de 15 dias para celebralo.

Neste momento a votación da moción daría un resultado de 9 a 8, posto que todos os concelleiros pertencentes ao PP deron o seu apoio total ao alcalde Antonio Pérez , segundo manifestacións da semana pasada do portavoz do partido López Casas, para continuar como rexedor ata que haxa unha sentenza firme da audiencia a onde pensa recorrer a sentenza do xulgado do Penal nº1 de Ourense.