jueves 28/1/21
Dous deles na Limia, Sarreaus e Vilar de Barrio

A POLICÍA AUTONÓMICA REALIZOU 114 IDENTIFICACIÓNS,EN 34 DISPOSITIVOS DE CONTROIS NA PROVINCIA

Tramitou 10 denuncias  en 7 concellos da provincia de ourense nos controis de medidas ante a covid-19

Controis da Policía Autonómica
Controis da Policía Autonómica

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante esta fin de semana, dende día 11 ata o día 13 de decembro, 34 dispositivos na provincia de Ourense no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 46 inspeccións en 7 concellos da provincia na pasada fin de semana, con 114 identificacións e a tramitación de 10 denuncias.

En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 11 ao 13 de decembro a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus. Leváronse a cabo 34 dispositivos nos municipios de Ourense, Pereiro de Aguiar, Riós, San Cibrao das Viñas, Sarreaus, Verín e Vilar de Barrio

No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron nun total de 20 concellos, nos que que se rexistraron 91 operativos cun total de 101 inspeccións, con máis de 272 persoas identificadas e 38 denuncias tramitadas.

Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.

Durante os operativos, os axentes  controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

Comentarios