lunes 30/11/20
A primeira vez tivo que vir o xefe buscar a furgoneta

Positivo en alcoholemia pola mañá e pola tarde

A segunda vez foi denunciado en Trasmiras conducindo a mesma furgoneta da mañá

O condutor é reincidente neste tipo de infracción. 20 de novembro de 2020.- Axentes do Destacamento de Tráfico de Verín, sobre as 12:30 horas de onte, cando realizaban labores propios da especialidade na localidade de Verín, interceptaron a un vehículo e realizaron a proba de alcoholemia a un condutor de nacionalidade portuguesa, que se desprazaba a traballar a Verín , o cal arroxou un resultado positivo de 0,49 mg/ l. Ao non poder seguir conducindo, avisou ao dono da súa empresa para que recollese a furgoneta que conducía. Sobre as 17:30 horas, outra patrulla do mesmo Destacamento de Tráfico, nas proximidades da localidade de Trasmiras, realizando un control de alcoholemia, realizou a proba a este mesmo condutor, que circulaba conducindo a mesma furgoneta da mañá, arroxando tamén resultado positivo, cunha taxa de 0,37 mg/ l. Este condutor foi condenado en tres ocasiones coa perdida de vixencia do seu permiso de conducir, polo que se trata dun condutor reincidente.

Desde o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense faise un chamamento á responsabilidade dos condutores, para que eviten conducir cando inxerisen alcol ou drogas, así como do resto dos cidadáns, para que comuniquen ás forzas da orde cando sospeiten que hai persoas que conducen inxerindo este tipo de substancias, o que redundará en beneficio de toda a poboación.-