martes 27/10/20
Tráfico

Un positivo en drogas e ningún en alcol no control conxunto hispano-luso.

Tamén resultaron sancionados un total de 24 vehículos por exceso de velocidade.

control2
Imaxe do control da mañá de hoxe á entrada de Xinzo.

Na mañá de onte, tal como adiantamos no Dende A Limia, tivo lugar un control de tráfico completo na A-52 ao paso pola nosa comarca. O aparello de seguridade que realizou o control estivo formado por axentes da Garda Civil español en colaboración coa GNR portuguesa. Concretamente, o "dispositivo operativo masivo conxunto" estivo composto por un capitán, un subtenente, tres cabos e tres gardas –do lado luso– e máis dous tenentes, dous sarxentos, tres cabos e doce gardas do corpo policial español.

control3

Aproveitando o control e dado que a DXT se atopa inmersa nunha campaña de alcol e drogas, controláronse un total de 14 condutores para detectar drogas e realizárons un total de 80 probas de alcolemia. O resultado foi de ningún positivo en alcol e un en drogas (concretamente cocaína e metanfetamina).

control4

Tamén se controlou mediante radar a velocidade de 987 vehículos, sendo denunciados por excesos un total de 24. Ao tempo, o dispositivo realizou seguimento a 35 transportes de mercancías co resultado de denuncia de 8 por aminoración dos tempos de descanso. Para rematar, os corpos de seguridade informan que se detectaron catro deficiencias en turismos ou carencias de documentacións.

Concluíu así unha nova colaboración de seguridade entre os dous principais corpos de tráfico dos países español e portugués. 

Comentarios