O PP protesta pola escasa transparencia do concello do goberno que preside Elvira Lama

Elvira Lama
O PP protesta pola escasa transparencia do concello do goberno que preside Elvira Lama
Todas as ideas e mocións que intentan mellorar a calidade de vida de veciñas e veciños teñen dereito a debate e a discusión nos plenarios

O Grupo Municipal Popular rexistrou hoxe unha moción para debater e aprobar no vindeiro plenario que se celebre no Concello de Xinzo os seguintes acordos:

Instar ao Concello de Xinzo de Limia a:

1.- Que se debatan todas as mocións ou propostas de todos os grupos municipais nos plenos.

2.- Todas as notas de prensa tras reunións dos órganos oficiais (plenarios, comisións, xuntanzas,...) recollan as posturas e exposición de todos os Grupos e Voceiros

3.- Que a paxina web municipal sexa transparente e actualizada. Que conteña toda a información de interese para a nosa cidadanía.

Como ven sucedendo durante todo este mandato municipal, corroborado nas últimas comisións informativas onde mocións presentadas polos grupos da oposición quedan rexeitadas polo Grupo de goberno para debatelas no seu plenario correspondente.

Nestes tempos onde toda a clase política se enche a boca coa palabra transparencia, trasladando á veciñanza que as institucións deben ser exemplo de verdadeira información e oportunidades;

Encontramos que dende as nosas propias comisións informativas se nega o debate plenario a todas as ideas ou propostas.

Tamén nos atopamos con notas de prensa do departamento de Comunicación do noso Concello onde se ocultan as verbas ou medidas expostas polos Grupos ou voceirxs da Oposición. Coartando a información que se traslada dende a institución municipal menosprezando o traballo que fan as concelleiras e concelleiros que non están no Grupo de Goberno.

Un departamento de comunicación baseado nunha exaltación continua da figura e da persoa da Alcaldesa, menosprezando moitas veces ao resto dos concelleiros do Grupo de Goberno e esquecéndose adrede das ideas expostas, medidas, debate ou mocións dos Grupos da Oposición.

Estaba claro que a empresa que se contratou por parte da Grupo de Goberno Municipal, a dedo, fai un ano, de xente moi afín a dona Elvira Lama, sen un concurso público; era para facer das notas de prensa e das RRSS un continuo “autobombo” da Alcaldesa. Cunha nula transparencia da información trasladada á veciñanza. Empresa que lle costa as arcas municipais 18 mil € anuais. E que ten a páxina web municipal abandonada e obsoleta.

A cidadanía ten dereito de recibir unha información veraz e completa, ten dereito a ser coñecedora do que se debate e todo o que se propón, sexa polo grupo que sexa dentro da institución municipal.

Todas as ideas e mocións que intentan mellorar a calidade de vida de veciñas e veciños teñen dereito a debate e a discusión nos plenarios. Todas as exposicións deben ser recibidas pola veciñanza polos medios oficiais do Concello; institución que é de todas e todos non só do Grupo de Goberno.