martes 11/5/21
Unha vez máis acusan a Elvira Lama de desinformación e oscurantismo

O PP quere saber onde están gastados os 200.000 € do proxecto da travesía do Bouzo

Onde están as beirarrúas de 1,80m con bordos e pintadas con imprimación?

Obras travesía do Bouzo
Obras travesía do Bouzo

A poucos días da inauguración das travesías Sitibal e Bouzo comprobamos que  o Grupo de Goberno sigue enganando á veciñanza, non só a desa zona, a de todo o Concello.

No proxecto da futura circunvalación, que o anterior Grupo de Goberno conseguiu o investimento de máis de 2 millóns € por parte da Xunta, está pensado para que o tráfico pesado non circule polo centro da vila e nas melloras das travesías da Av. de Celanova, Zepetal, Sitibal, Bouzo e estrada de Lamas; observamos como as obras das fases 2, 3 e 4 non se parecen en nada do proxectado e do executado.

 Seguimos esperando que se convoque ao grupos da oposición á comisión pertinente para explicar onde se investiron os case 200 mil € presupostados e contratados polo Grupo de Goberno nas melloras da Travesía do Bouzo.

Demostrando unha vez máis o escurantismo e falla de transparencia continua de Dna. Elvira Lama e os seu concelleiros.

O único que están a facer e vender demagoxia e hipocrisía sobre as melloras na Sitibal. Onde a Xunta non lle reclamou os máis de 200 mil que sobraron do proxectado inicialmente e permitiulle gastalos nas melloras feitas a posteriori, melloras que faría calquera goberno municipal con ese diñeiro; aínda que ao actual parece que non lle chega e ten que coller o das outras fases.

Onde están as beirarrúas de 1,80m con bordos e pintadas con imprimación?;

Onde estas as cunetas de seguridade feitas de formigón para evitar accidentes de tráfico nas posibles saídas de vía?;

Por qué unha curva nunha zoa recta que pode ocasionar algún que outro sinistro  de caídas aos valados?;

Por qué non se reforzou a beirarrúa feita para o transporte pesado?;

Onde van os case 200 mil € presupostados e contratados?;

Por qué non se fixo todo o proxectado?

Respostas que non se queren dar á oposición  nin á veciñanza e que esconden as intencións do Grupo de Goberno sobre a futura circunvalación.

O PP quere saber onde están gastados os 200.000 € do proxecto da travesía do Bouzo