miércoles 21/10/20
Nota de prensa do grupo Popular de Xinzo

O PP tacha de mentireiros ao grupo de goberno de Xinzo

Píllase antes a un mentireiro que a un coxo,di o noso refraneiro popular
IMG_20200622_130214-1

Estes días estase a vender a contratación dunha empresa para executar un plan de choque nos parques e xardíns da nosa vila, motivado pola falla de persoal municipal que estivo, segundo o Grupo de Goberno, na labor de desinfección diaria da Covid 19.

Plan de choque que se pode comprobar, como pasou no famoso plan integral de limpeza do ano pasado, só se fixo nun par de lugares da vila, para sacar unhas fotos, sacar nota de prensa e subilo ás RRSS e conseguir uns “me gusta”. Nada máis e nada menos que o paripé de todos os días no que converteron o noso Concello. Onde se está abandonado a maioría da veciñanza.

vvvvvvv

Piscinas exteriores sen abrir co verán iniciado, parques e xardíns secos, as entradas aos pobos e a vila sen rozar, ...

 O mentireiro píllase sinxelo;  cando  lle gusta tanto subir fotos as redes sociais e  mandalas á prensa repetidamente sobre o que se fai no Concello;

as nosas preguntas son:

. Onde están as fotos do persoal municipal desinfectando diariamente?

. Dende fai máis dun mes que fomos desescalando e puidemos ver como estaban os paseos, os parques, os camiños,... cheos de maleza e herbas altas; por que non se empezou a traballar daquelas pensando na nosa cidadanía?

Non se pode tratar de enganar a futuros visitantes, nin a veciñas e veciños. A falta de previsión é palpable despois dun ano de goberno.

cats