lunes 09.12.2019

O PP volveu a reunir aos seus fieis nun magosto

                               Como todos os anos os simpatizantes do PP volveronse a reunir arredor das empanadas, chourizos, costelas e por suposto castañas. E como non podía ser doutra maneira os xa tradicionais licores. O seu candidato a alcalde e portavoz do partido no concello Antonio Fernández (Toni) saudou a todos e cada un dos que asistiron ao magosto.