viernes 03.07.2020
Nota de prensa grupo popular de Xinzo

O PP de Xinzo acusa ao goberno municipal de parálise e nula información

Segue sen entender o motivo da falta de transparencia deste Goberno, onde temos que navegar polas RRSS ou ler prensa para saber do pouco que sucede no noso Concello

Levamos meses sen plenos e comisións (Portavoz popular)

Grupo Popular
Grupo Popular

O Grupo de Goberno do Concello de Xinzo de Limia parece que segue en fase 0, confinado; esperando a que hostalería, comercio, pequenas empresas, autó[email protected], ou calquera veciña ou veciño, saia disto por si mesmo, coa axuda doutras institucións ou  inspiración divina.

                               Parálise e nula información é o que recibimos cada día; non hai presuposto despois dun ano de goberno, meses sen convocar comisións ou plenos para debater e aprobar as medidas que dende a oposición aportamos dende o primeiro momento para axudar á nosa veciñanza neste tempo tan complicado, a xente saíu ás rúas e viu como está a vila e os pobos, acordámonos dos defuntos cando “Papá Pedro Sánchez” manda non cando o resto das formacións municipais o piden, veciñas e veciños que non saben en que momento teñen que aboar os recibos municipais, gasto mínimo e escaso en material de protección e desinfección sanitaria para a poboación do noso Concello, falla de facilidades para ás terrazas, ...

O Grupo Municipal Popular; aínda que segue sen entender o motivo da falta de transparencia deste Goberno, onde temos que navegar polas RRSS ou ler prensa para saber do pouco que sucede no noso Concello;

Tende unha vez máis a man para ir [email protected], o ombro para ter máis forza e as ideas para que a toda a nosa veciñanza poda capear está complicada situación o mellor posible, sentíndose arroupada  polas súas institucións e por [email protected] @s representantes municipais.

Outros concellos e a Deputación xa van polo segundo pleno tomando medidas e nós queremos que o noso Concello faga o mesmo xa. Agora toca que deamos a cara fronte a isto, como xa levan facendo dende o primeiro instante [email protected] e [email protected] profesionais e [email protected]

O PP de Xinzo acusa ao goberno municipal de parálise e nula información