O PP de Xinzo apoia as accións que vaian a emprender os agricultores da Limia

Grupo Popular PP en Xinzo
O PP de Xinzo apoia as accións que vaian a emprender os agricultores da Limia

Fan un chamamento a unidade de todos os sectores e veciños en solidariedade coas súas demandas.

O Partido Popular de Xinzo de Limia, despois da reunión mantida coa militancia este venres na sede local, manifesta unha vez mais o seu rotundo apoio aos agricultores e gandeiros da Comarca da Limia, diante da situación limite que están a vivir nos últimos tempos provocada por a suba do prezo dos combustibles, da electricidade, fertilizantes, fitosanitarios e insumos en xeral. E agravada estes días por unha inflación desbocada e por a Guerra de Ucraína coa escaseza e carestía entre outros produtos dos piensos imprescindibles para a alimentación animal.

Reclamamos o Goberno de Pedro Sanchez, que actúe xa, urxentemente e sin mais demora adiantando medidas, como veñen facendo diversos países europeos, como a rebaixa do IVE, do IRPF ou dos impostos especiais, valores sobre os que ten competencias exclusivas o Goberno do Estado.

Medidas urxentes, resolutivas e extraordinarias para axudar aos agricultores, que tamén reclamou O Presidente da Xunta de Galicia na 26 Conferencia de Presidentes, e o Conselleiro de medio Rural no Consejo Consultivo de Política Agrícola para Asuntos Comunitarios e diante da Conferencia Sectorial de Agricultura y Desarrollo Rural celebrada en pasadas datas.

Non entendemos por que o Goberno de Pedro Sanchez négase a adoptar de forma inmediata eunha baixada de prezos, que xa fixeron outros países europeos, indo unha vez mais por detrás de Europa e das comunidades que como Galicia aprobou medidas urxentes dentro do seu ámbito competencial para axudar a consumidores e sectores clave, entre as que se atopan axudas directas as familias, o campo e a pesca contra a suba dos combustibles.

PREOCUPACIÓN POLA ACTITUDE DOS SINDICATOS:

O Partido Popular de Xinzo quere amosar tamén a sua preocupación diante das declaracións de algúns dos lideres sindicais nas que rexeitan e opóñense a que o goberno rebaixe os impostos da Electricidade e dos Carburantes.