miércoles 28/7/21

O PP de Xinzo, denuncia que o concello "vainos deixar sen servicio de estinción de incendios".

Outra vez mais queda claro e patente sen dúbida algunha que a alcaldesa e o seu grupo de goberno carecen de xestión efectiva, clara e transparente, guiada soamente pola improvisación en todos os aspectos.

Grupo pp xinzo
Grupo pp Xinzo (foto arquivo)

toniO Partido Popular de Xinzo denuncia que non e de recibo que o goberno cuatripartito de Xinzo non sexa capaz de xestionar e deixando os nosos veciños/as desamparados sen o servicio de extinción de incendios forestais mais concretamente sen operarios anti-incendios.
Dende o grupo popular vemos unha tremenda neglixencia e falta de rigor polo goberno do noso concello a  súa nula xestión sobre dita contratación xa que este contrato ben se puido resolver con suficiente antelación e previsión para non ter que escudarse en desculpas vanales alegando que este quedou deserto o non atopar empresa algunha que optase asumir o servicio de extinción de incendios forestais. agora preguntámonos que van facer:
.-Andar  axiña para encontrar unha solución de última hora o problema.
- Deixar a nosa veciñanza sen este servicio tan importante, xusto e necesario en pleno verán cando de todos e sabido das grandes vagas de lume que asolan o noso territorio galego ou ben esperar a que todo isto poida ocasionar desgracias ou males maiores. Outra vez mais queda claro e patente sen dúbida algunha que a alcaldesa e o seu grupo de goberno carecen de xestión efectiva, clara e transparente, guiada soamente pola improvisación en todos os aspectos.