lunes 30/11/20

O PP de Xinzo pídelle celeridade a alcaldesa nas medidas a tomar no “posible” caso dun positivo dun traballador do Concello

A primeira hora da mañá aínda non se habían tomado ningunha clase de medidas

Casa do Concello de Xinzo de Limia.
Casa do Concello de Xinzo de Limia.

Saltaban as alarmas esta mañá no Concello de Xinzo por un “posible” positivo dun traballador, que realiza as súas labores nun dos despachos da Casa Consistorial.

Segundo afirma Antonio Fernández-Toni, telefonicamente a este xornal, creemos que esta mañá xa tiñan que estar tomadas as medidas protocolarias pertinentes, unha vez que a alarma do posible positivo xa se coñecía onte a tarde.

Parece que esta alcaldesa está moi pronta a criticar a Consellería de Sanidade, pero non ten a mesma celeridade cando se teñen que tomar as medidas a nivel local.

Por suposto que dende o Partido Popular apoian todas as medidas que haxa que tomar incluindo o peche das instalacións e desinfección total ata que todo o mundo, persoal e visitantes teñan garantizadas todas as medidas hixiénicas protocolarias.

Lamentan que o traballador este  infectado e esperan a súa pronta recuperación.