miércoles 3/3/21
Presentou unha moción para debater no próximo pleno

O PP de Xinzo quere que a froteira de Baltar/Montalegre permaneza aberta sempre

Que os pasos fronteirizos da Comarca da Limia estean sempre abertos para actividades empresariais, agropecuarias e para movemento de traballadorxes.

Fronteira Baltar Montalegre
Fronteira Baltar Montalegre

O Grupo Municipal Popular  rexistrou hoxe unha moción para debater e aprobar  no vindeiro plenario que se celebre no Concello de Xinzo o seguinte acordo:

  1. Instar ao Goberno de España a que os pasos fronteirizos da Comarca da Limia estean sempre abertos para actividades empresariais, agropecuarias e para movemento de traballadorxes.

Por terceira vez as fronteiras da Limia con Portugal sofren as decisións restritivas dos Gobernos Español e Luso. Por terceira  vez non se teñen en conta as necesidades da bisbarra da Limia e da Cámara veciña de Montealegre. Por terceira vez pedimos que Alcaldía e o Grupo de Goberno do Concello de Xinzo non mire para outro lado; como fixo nas dúas anteriores.

Polo cal tamén “Solicitamos á Alcaldía do Concello de Xinzo de Limia faga a xestión co Subdelegado do goberno para que traslade ao Goberno Estatal a necesidade de pasos fronteirizos abertos na bisbarra da Limia para temas empresariais, de traballo e agropecuarios” e non se teña que esperar ao plenario, que a día de hoxe non ten data nin intención de celebrarse nos próximos días .

 As empresas e a cidadanía do noso Concello, da nosa Comarca e da Cámara veciña, encóntranse coa mesma problemática unha vez máis; ter que facer Qms e Qms para desprazarse e poder traballar ou facer xestións empresariais.

Dende o Grupo Municipal Popular quixemos sempre que se tivera en conta esta importante necesidade, parte da nosa economía urxe de poder moverse polos pasos fronteirizos máis achegados a nós. A economía de moitos veciños e veciñas depende de poder viaxar ao país veciño,  realizar os seus traballos ou os seus negocios.

Como se pode ver estes días, non só é unha reclamación do Grupo Popular, chega con ler as verbas publicadas polo Vice-Presidente da Cámara Municipal de Montealegre o Dr. David Jóse Varela Teixeira

- “O concelho de Montalegre tem 75 km de fronteira e exigências diárias, de muitos cidadãos para cruzar a fronteira.

Sr. Ministro Eduardo Cabrita não querer ver, ouvir, nem falar sobre os problemas, isso não resolve...

Montalegre merece ser tratado de acordo com as especificidades existentes, respeitando os postos de trabalho e a atividade agropecuária transfronteiriça.

Queremos uma fronteira com controlo diário.”