O PP de Xinzo reclama a celebración do pleno ordinario correspondente ao mes de febreiro

O PP de Xinzo reclama a celebración do pleno ordinario correspondente ao mes de febreiro
Unha vez máis demostramos con feitos que o Grupo de Goberno só lle interesan as RRSS, a foto, o titular de prensa

Incomprensible é a deixades institucional do Grupo de Goberno do noso Concello na non convocatoria do Pleno Ordinario que por calendario tiña que celebrarse o xoves desta semana. Outro Pleno Ordinario que non convocan en tempo e forma neste mandato, e van bastantes; por non dicir os que non se celebraron.

Temas que preocupan á cidadanía e debían debaterse neste plenario quedan no caixón ata que a Alcaldesa se lle acorde tramitalos. No caixón quedan as axudas por 1 millón de € que propuxo o Grupo Municipal Popular, a mellora das liñas de internet ou como solucionar a problemática existente na rúa Blanco Amor.

No caixón quedan aprobar os plenos telemáticos ou como mellorar a seguridade dos pasos de peóns da Av. de Ourense, este último será un rogo que o Grupo Municipal Popular quere transmitir ao Concelleiro de Tráfico. Ou o rogo de revisar os sumidoiros, moitas delas atascadas e que ninguén fai caso delas, nin nos pobos nin na vila.

E xa non digamos os orzamentos 2021, que por desgraza coa que estamos a padecer, a necesidade é maior de telos aprobados para poder tramitar axudas e medidas sociais que tanto se necesita nosa veciñanza. E moitos outros problemas nos que a cidadanía se sinte desamparada polas persoas que xogan a gobernar este Concello.

Unha vez máis demostramos con feitos que o Grupo de Goberno só lle interesan as RRSS, a foto, o titular de prensa, os supersoldos e as comisións-chiringuito. Non toman medidas e decisións en tempo, van sempre a remolque ou simplemente non as toman.

A mellor decisión que tomaron foi contratar un asesor de comunicación que lava ou enmascara na prensa ou nos comunicados nas RRSS, a nulidade no día a día de Alcaldesa e concelleiros de goberno.