viernes 28.02.2020

O PP de Xinzo rexistra dúas mocións para debater no próximo pleno ordinario

Tamén volven a denunciar o "olvido" a que están sometidos por parte do grupo de goberno
Grupo pp xinzo
Grupo pp xinzo

O Grupo Municipal Popular do Concello de Xinzo de Limia rexistrou dúas mocións para poder debater no vindeiro pleno ordinario que debería ser a primeiro xoves do mes de febreiro.

Dúas mocións que defenden o benestar das nosas veciñas e veciños dentro da súa condición de cidadáns do Estado Español.

Unha moción que insta ao goberno Nacional que faga o pago do IVE que lle debe a Comunidade Galega que repercute no día a día da nosa veciñanza. Diñeiro que nos pertence aos galegos e galegas, e que minora o noso benestar se non se lle abona as arcas da Xunta de Galicia. Arcas, que cada día, se fan cargo da nosa ensinanza, sanidade, infraestruturas,...

E outra que lle pide ao Sr. Sánchez que rompa os seus acordos cos partidos que queren rachar coa unidade de España, como BILDU e ERC. O que motiva beneficios para unha parte de cidadáns españois e pasa ao resto do Estado e con elo ás galegas e galegos pasamos a ser cidadáns de segunda; e o máis importante, facendo perigar a nosa unidade e a igualdade no territorio español.

"SEGUIMOS ESQUECIDOS POLO GRUPO DE GOBERNO"

O portavoz do grupo do PP, volve a arremeter contra a pouca o ningunha lealdade institucional a hora de convocar ao grupo do PP aos actos que deberían estar invitados.

Sen ir máis lonxe e para non retrotraernos a máis atrás, mesmamente onte, cando dende o Concello se convoca a unha concentración cun minuto de silencio en memoria da última vítima de violencia de xénero en Galicia.

Rotundamente manifestou Antonio Fernandez-Toni si non quere que esteamos nos actos que no lo digan de unha vez, e que non veñan despois pedindo desculpas no seguinte pleno e dicindo que tomarán medidas para que non volva a suceder.