lunes 30.03.2020
NOTA DE PRENSA GRUPO POPULAR DE XINZO

O PP de Xinzo solicita a celebración dun pleno urxente extraordinario, na data que a situación o permita

Esta tarde presentou no rexistro electrónico do Concello dúas propostas

Grupo popular
Grupo popular

Os puntos que presentan na súa moción son os seguintes:

1.- Instar ao Concello de Xinzo de Limia a aumentar a bolsa de Emerxencia Social no presuposto 2020, destinando fondos do Capítulo de Inversión para aumentar esta bolsa. A cal servirá para axudar aos nosos veciñas e veciños que están a sufrir directamente esta crise.

2.- Instar ao Concello de Xinzo de Limia a que tome as medidas necesarias para bonificar , na medida do posible , as taxas municipais a todos os sectores  e persoas afectadas polo Estado de Alarma.

3.- Instar a todas as institucións; Deputación de Ourense, Xunta de Galicia, Goberno de España e Comunidade Europea a xerar partidas económicas suficientes e reais para axudar a todos os afectados e afectadas nesta inminente crise económica, ademais de bonificar ou suprimir taxas e cotas.

O PP de Xinzo solicita a celebración dun pleno urxente extraordinario, na data que a...