miércoles 27.05.2020

O PP de Xinzo solicita a modificación da ordenanza de terrazas de cafeterias

Solicita tamén a exención do pago das mesas e cadeiras durante este ano 2020

O grupo Popular no concello de Xinzo presentou telemáticamente, esta mañá un escrito onde solicita ao grupo de goberno exponen que  Un dos sectores máis castigados na nosa economía durante o Estado de Alarma da Covid 19 é o da hostalería. Hai que sumar aos 2 meses que tiveron que estar pechados, a redución das terrazas a un 50%. Cremos que na situación excepcional que nos atopamos dende o Concello de Xinzo de Limia débese flexibilizar a ordenanza no aumento da superficie pública para a colocación das mesas e cadeiras, respectando sempre a saúde e a mobilidade peonil, no abono das taxas e axilizar as novas solicitudes.

Polo que  solicitan:

Se modifique a ordenanza por motivo desta situación excepcional para facilitar á nosa hostalería a ampliación, na medida do posible das súas terrazas, exención do pago da taxa de mesas e cadeiras 2020 e axilizar os trámites para elo.