viernes 14/5/21

O PPdG de Xinzo presentou unha moción para que se dote a Correos de persoal e oficinas no rural

Intenta que esta nova moción poida ser tratada no próximo pelno
Grupo Popular de Xinzo
Grupo Popular de Xinzo

O Grupo Municipal Popular  rexistrou hoxe unha moción para debater e aprobar  no vindeiro plenario que se celebre no Concello de Xinzo o seguintes acordos:

Instar á:

• SAE CORREOS E  TELEGRAFOS,  S.M.E.

• SOCIEDADE ESTATAL DE PARTICIPACIÓNS INDUSTRIAIS (SEPI)

• MINISTERIO DE FACENDA

• MINISTERIO DE TRANSPORTES, MOVILIDAD E AXENDA URBANA

• GOBERNO DA NACIÓN;  para que adopten as seguintes medidas, que entendemos necesarias para garantir a prestación dos servizos postais e a súa permanencia no Concello de Xinzo de Limia:

1ª.- Afrontar  con dilixencia a cobertura dos postos estruturais suprimidos na Unidade de Repartición de Xinzo de Limia necesarios para ofrecer un servizo de calidade á cidadanía.

2ª.- Manter a calidade das condicións laborais, garantindo un persoal con suficientes traballadores e traballadoras que permita as correspondentes substitucións por enfermidade, permisos ou vacacións, cun reforzo da capilaridade de Correos  co fin de lograr o maior achegamento ao cidadán/a e lograr as condicións óptimas de accesibilidade marcadas pola Lei Postal e a Directiva Postal Europea..

3ª.- Garantía dos compromisos de financiamento  que permitan na nosa localidade, cumprindo os parámetros de calidade determinados por Lei, o correcto desempeño da prestación dos servizos postais, e asegurando que  todos os cidadáns/ as reciban a repartición de correspondencia 5 días á semana como manda a Directiva Postal europea. E reforzar o financiamento do servizo público postal, claramente insuficiente na actualidade, no próximo Plan de Prestación a aprobar polo Consello de ministros, de modo que se asegure un servizo de calidade para o conxunto da cidadanía. Tamén para asegurar a cohesión social, económica e territorial.

4ª Incluír a Correos, a maior empresa pública do noso país, na repartición dos Fondos para a Recuperación, Transformación e  Resiliencia, para que xogue un papel crave na resposta que, como sociedade, debemos dar á crise sanitaria e económica provocada pola  COVID.

5ª Actualización e mantemento das Oficinas auxiliares (rurais) e Unidades de Repartición existentes nas zonas Rurais, claves na reversión da “España Baleirada”. É a única maneira de contribuír a que aquelas áreas xeográficas de repartición deficitarias economicamente poidan gozar dun Servizo Postal en igualdade de condicións respecto a a poboación dos grandes núcleos urbanos.