A PRAZA MAIOR DE XINZO “MÓVESE”

IMG-20150807-WA0000
A PRAZA MAIOR DE XINZO “MÓVESE”

Todos os venres do mes de agosto a Praza terá \“movemento\”

Os establecementos da Praza Maior de Xinzo poñen a partir deste mesmo venres 7 a partir das 21:00 e as 23:30 unha serie de actuacións multidisciplinares que denominan NOITES NA PRAZA MAIOR.

Hoxe día 7, o 14 e o 21 de agosto a praza será un escenario público e de balde no que no primeiro día, esta tarde-noite actuará NELSON QUINTEIRO, presentando o seu disco Orquesta Charbo. Nelson defínese como cantante, músico, actor,bailarín e director de escena. Colabora co Centro coreográfico Galego e está considerado como o embaixador do cabaret galego.

OBXECTIVOS

.-A Asociación de comerciantes queren desta maneira DINAMIZAR e POTENCIAR a vida social e económica da Praza Maior e de outros beneficiarios máis.

.-Poñer en valor a Praza Maior

.-Achegar e apoiar artistas de diversa índole a vida lúdico-festiva de Xinzo

.-Contribuír a que os veráns sexan máis atractivos e por ende conseguir máis visitantes e que formen parte activa do que no pobo acontece

O Concello de Xinzo contribúe coa axuda de infraestrutura.

Os organizadores teñen o desexo de continuidade con esta iniciativa e que esta sexa o motor de outras iniciativas en outros lugares que con estas cousas se transforme a realidade do noso pobo.

Esperan que toda a programación sexa do agrado da maioría do público que se achegue as noites dos venres a Praza Maior e disfrute das longas noites de verán