domingo 29/11/20

A praza Xoan XXIII acolle unha roda de capoeira dos alumnos do centro de actividades Fusión

A cita será o sábado a partir das 13h

    O Mestrando Camugerê, un dos máximos expoñentes da capoeira no mundo, chega a Xinzo de Limia para manter un encontro familiar do Grupo Independente de Capoeira (GICAP).  Ven acompañado dos seus alumnos de Vilagarcía de Arousa que terán unha clase conxunta cos alumnos desta mesma disciplina de Fusión, será a partir das 12h. Os de Xinzo están acompañados polo seu Monitor Sasqwet.

A 13h na praza Xoan XXIII, terá lugar unha roda de capoeira de tódolos alumnos e á que convidan acudir a toda xente que o desexe. 

Camugerê supervisa o traballo de GICAP que se fundou no ano 2002 da man do Mestre Cavalo, e que ten a súa sede na cidade brasileira de Araruama. O traballo que fai actualmente a GICAP repártese por todo o mundo, dende Ourense, Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa, ata Rio de Janeiro ou Araruama. 

O mellor da capoeira concéntrase mañá en Xinzo da man dos profesionais máis destacados e dos seus alumnos a partir dos 3 anos. 

Comentarios