miércoles 2/12/20

Premios de 500 € para compras no comercio e hostalería na campaña Nadal 2020

Haberá Iluminación e decoración por parte do Concello

Reunión de ProLimia con membros do equipo de goberno
Reunión de ProLimia con membros do equipo de goberno

Tendremos que reinvertarnos para ayudar al comercio y la hostelería-Elvira Lama a directiva de ProLimia.

De moi positiva calificaron, tanto a directiva de ProLimia como os representantes do Concello, encabezados pola alcaldesa Elvira Lama, que esta tarde mantiveron unha reunión na que os representantes da asociación presentaron as propostas a levar a cabo tanto no black Friday 2020, como nas datas de Nadal.

MOITOS PREMIOS DE 500€.

Unha das propostas presentadas polos comerciantes é a de facer sorteos na campaña de Nadal de  varios vales de 500 €, cantidade importante para que todos os veciños da Limia fagan as súas compras e os seus gastos no comercio local.

Por parte de ProLimia estiveron presentes na reunión Inma, Sonia, Mª Concepción e Victor. Acompañaron a alcaldesa os concelleiros Rafa e Manuel Pérez, responsable de Promoción Económica do Concello.

IMG_20201105_201700

Inma, Sonia, Mª Concepción e Victor, representantes da directiva de ProLimia

REUNIÓN DA HOSTALERÍA A SEMANA QUE VEN

A representante da hostalería dentro de ProLimia, Sonia, comunicou a alcaldesa que a semana que ven terán unha reunión co seus sector, para facer propostas  específicas, esperando que no mes de decembro se permita a súa apertura.

Fraccionamento de taxas

Entre algunha das propostas que está barallando o concello, para axuda ao comercio e hostalaría está a de fraccionar taxas e impostos municipais.

Non podemos, por desgracia axudar directamente aos autónomos polo número deles que ai no noso concello,580, sen contar os pertencentes a agricultura, manifestou a alcaldesa. Todos están  afectados, non solo a hostalaría e o comercio, tamén os agricultores están deixando de vender patacas, polo peche do sector.

Elvira Lama cualificou a reunión de perfecta sintonía, igual que os representantes de ProLimia.