Presentación do Libro Solidario- AVES DA LIMIA

231
Presentación do Libro Solidario- AVES DA LIMIA

Dende a lagoa de antela aos nosos días

Venres 2 de xuño as 20:30

Os ornitólogos (Antonio Villarino e Felipe Bárcena) e o doutor en bioloxía (Serafín González), presentan esta Obra solidaria, única no seu xénero, que estudia e inventaría a presenza de aves na comarca da Limia por kilómetro cuadrado, fruto do traballo de 50 anos de investigación. Dende a desecación da Lagoa de Antela, a finais dos anos cincuenta do século XX, até os nosos días, os autores, descubriránnos os segredos da vida de 270 especies de aves que viviron, viven ou transitan no corazón das veigas limiás da Antela.

Ao longo de 674 páxinas, con 270 fotografías e 360 mapas de distribución das especies e de nomes vernáculos, os citados autores realizan un percorrido visual das temáticas dos dous volumes, con reseñas históricas, xeográficas, xeolóxicas e cartográficas. Tamén desde a perspectiva antropolóxica, salientan a estreita relación que a xente mantiña coas aves, pois son frecuentes os lugares ou zonas onde o número de vernáculos diferentes para unha mesma especie acadan ou superan a dúcia.

Para realizar tan exhaustiva publicación, Antonio Villarino, Felipe Bárcena, e Serafín González, cuantificaron durante medio século, sobre dous mapas, o número de aves estivais e invernantes observadas por cuadricula de 1 km2, totalizando 11.400 rexistros non repetidos de especies/cuadrícula en temporada de nidificación e 11.148 fora da temporada. 1933

232Veiga de Vilaseca . Parcela en recuperación para as especies ameazadas enriba ilustradas, destino dos ingresos da venda da Obra e dos dereitos de autor, Aves da Limia..

Ademáis das prospeccións, realizaron enquisas a 180 persoas ás que lles preguntaron polo nome local ou \“vernáculo\” da ave, as datas de presenza, a súa abundancia, datos de vexetación e polo significado que para eles tiñan as aves e a lagoa, concluindo que, daquela, existía unha comunión natural, de respeito e necesidade mútua, entre os labregos e o ecosistema limiá (humidais e aves). Os povos enquisados foron 78 e figuran nun mapa adaptado do Instituto Xeográfico e Catastral de 1946, coa lagoa intacta e as estradas da época.

O acto, será presentado por Camilo de Dios Fernández o único testigo vital daqueles 180 informantes que fixeron posible esta magna Obra, nado en Sandiás, ao pé da Lagoa de Antela, no ano

Aves da Limia, é unha Edición limitada e independente, da asociación sen ánimo de lucro, Centro de Estudos da Limia, creada hai vinte anos, trala edición de Antela, a memoria asolagada (Edicións Xerais 1997), co obxectivo expreso de adicar os beneficios daquela publicación, á recuperación do ecosistema da Limia, alterado trala desecación da Lagoa de Antela. Aves da Limia forma parte daquel obxectivo e, tamén nesta ocasión, os dereitos de autor e os ingresos das vendas irán destinados á consolidación e mantemento dunha parcela desaugada na antiga Veiga de Vilaseca*, para a recuperación de especies ameazadas, como o \“pernileiro\”** e a \“conicra\”***, proxecto que leva en execución dende outubro de 2013. Os dous volumes conxuntos estarán disponibles, só online, a traverso do portal web www.antela.org.