O presidente da Deputación presentou hoxe o “Ourenseiccweek”

Juan Rivas, Manuel Baltar e César Fernández
O presidente da Deputación presentou hoxe o “Ourenseiccweek”

Ourense converterase no referente das industrias culturais e creativas coa celebración do encontro

Ourenseiccweek\” é un evento promovido pola Deputación de Ourense que reunirá entre os días 23 e 28 de marzo a emprendedores, empresarios e expertos do ámbito audiovisual e a público en xeral dentro da Semana das industrias culturais e creativas.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou hoxe este evento no Centro Cultural \“Marcos Valcárcel\” acompañado do asesor cultural, César Fernández, e do coordinador técnico do \“Ourenseiccweek\”, Juan Rivas.

Os obxectivos deste proxecto son, por unha banda, presentar a Ourense como unha área economicamente atractiva e industrialmente ben dotada, con infraestruturas e comunicacións de primeiro nivel, que reivindica o seu espazo na vangarda das novas tendencias profesionais; e atraer expertos de diversos campos tecnolóxicos e marcas de referencia para fidelizar relacións e contactos profesionais.

O amplo programa de actividades que se vai desenvolver na semana do 23 ao 28 de marzo abrangue os seguintes apartados: charlas, cursos ou xornadas de traballo; un espazo de conexión xigante e un concerto para todos os públicos no Pazo dos Deportes \“Paco Paz\”. Os relatorios e charlas técnicas desenvolveranse en Celanova (Mosteiro de San Salvador), Esgos (Mosteiro de San Pedro de Rocas) e Vilamarín (Pazo de Vilamarín).

As inscricións para participar nas diferentes actividades da \“Ourenseiccweek\” así como a compra das entradas para os concertos pódense xestionar a través da páxina web: www.ourenseiccweek.com, onde se pode consultar ademais toda a información referida ao evento.