O presuposto en inversión para 2022 é de 600.000 € menos que no 2021

Grupo popular no concello de Xinzo
O presuposto en inversión para 2022 é de 600.000 € menos que no 2021

Non se pode rebaixar unha partida de continxencia que é, como o seu propio nome indica, para imprevistos como o que estamos a sufrir coa pandemia, minorando de 150.000 € a 100.000, cando o xusto e necesario sería elevala máis.

O portavoz do Partido Popular de Xinzo de Limia, Toni Fernanez Veiga e o seu grupo rexeitan e polo tanto emitiron voto en contra dos presupostos para o ano 2022 do goberno cuatripartito pola falta de coherencia no social e as súa pretensión de querer vender os seus feitos mentindo ós vecinos/as do concello.

Non se pode rebaixar unha partida de continxencia que é, como o seu propio nome indica, para imprevistos como o que estamos a sufrir coa pandemia, minorando de 150.000 € a 100.000, cando o xusto e necesario sería elevala máis.

Non se poden prometer subvencións ou condonacións de impostos que logo non chegan ós destinatarios como é o caso da taxa do lixo ós hostaleiros.

Toni Fernández-Portavoz PPA sra. Alcaldesa fai gala das obras realizadas polo cuatripartido e ela mesmo e ós do seu grupo de goberno traiciónalles o seu subconscente chamándolles “cousiñas” que van arranxando, invertindo no que ó parecer do Partido Popular son na maioría dos casos gastos en pintura e flores.
Todo se volven memorias, antreproxectos e proxectos que meramente quedan niso, sen transformarse en realidades ou feitos; e mentres todo isto ocorre, e cando o presuposto do ano 21 levaba unha inversión de case 1.000.000 € para facer “cousiñas” (según eles mesmo din) non queremos imaxinarnos que van facer con 380.000 €, case a terceira parte da inversión para o presuposto do ano 2022, é decir con 600.000 € menos.
En definitiva, o cuatripartito non está á altura das circunstancias, non cumplen cos autónomos, empresarios, hostaleiros nen cos agricultores e ganderios no tema social así como na inversión real que necesitan os nosos veciños e veciñas deste concello.

A Alcaldesa non pode por en cuestión ós gobernos da presidencia da Deputación e da presidencia da Xunta, cando ela mesmo recoñeceu no pleno dos presupostos a existencia de proxectos que son cofinanciados por ámbalas duas administracións. Ademáis é de xustiza lembrar que moitos deles xa lle quedaron en herdanza do anterior grupo de goberno do Partido Popular.