viernes. 03.02.2023
CDR O VISO

O programa de Educación Infantil familiar na Limia medra cada ano

Dende que comezou en outubro conta cun total de 150 persoas participantes

16-13-9-11.admin.EIF_4
16-13-9-11.admin.EIF_4

Cun total de 9 grupos formados en diferentes concellos da comarca da Limia: Perrelos (Sarreaus), Baltar, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, Vilar de Barrio, Sandiás, Trasmiras, Xinzo de Limia…  nestes encontros participan persoas das aldeas de cada concello e/ou doutras limítrofes.
Dende comezos de outubro co inicio do novo curso 2022/2023 están inscritas no programa un total de 150 persoas entre nenxs participantes e os seus familiares. Quincenalmente reúnense con Anabel -a persoa coordinadora das sesións- e comparten unha tarde de xogos, reflexións, inquedanzas, cantigas, contos e moitas aprendizaxes.

16-13-7-14.admin.EIF_1

Un servizo socioeducativo de apoio ás familias coa posta en marcha destes espazos de encontro educativos. Encontros cos que pretendemos potenciar unha parentalidade positiva nos que participan as familias e as crianzas e una profesional do CDR, mediadora de interaccións entre adultos e nenxs, promotora de reflexións educativas sobre estilos e pautas de crianza.
Aínda estás a tempo para participar: se te animas contacta con nós!
Esta é unha actividade que é posible grazas ó financiamento obtido da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención destinada a programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda de persoas físicas.