ProLimia convoca eleccións a nova directiva

prolimia
ProLimia convoca eleccións a nova directiva

Para o 15 de marzo as 20:30

A presidenta de ProLimia convoca aos socios a una Xunta Xeral Extraordinaria a celebrar o próximo 15 de marzo a partir das 20:30 no salón de actos do Concello.

A orde do día da asamblea xeral en primeiro lugar será a presentación do informe de actividades e as contas dos anos 2017/18, así como o presuposto para o ano 2019.

O seguinte punto na orde do día será a elección da nova xunta directiva para rematar con rogos e preguntas.

Anteriormente a convocatoria a presidenta Teresa Martínez enviou un correo a todos os socios no que enumera as actividades e a traxectoria que levou a asociación durante estes case dous anos entre as que destaca dúas campañas de días azuis, dúas campañas de Nadal así como un curso de formación en redes sociais.

Como acción destacada lembra a presidenta, que segundo anunciou, no repetirá como candidata a presidencia, a Feira de Oportunidades de ProLimia.

Ademais pon no activo da asociación a Imaxe de marca de Prolimia o recoñecemento institucional, un convenio asinado cunha entidade bancaria así como 15 carpas para eventos, case 170 árbores de nadal e una tesorería saneada.

Por último fai un recoñecemento e agredecemento persoal a todos os que fixeron todo iso posible e o desexo de que no futuro sigan sendo igual de Pros!!