Proposta solidaria e ecolóxica para o Nadal limiá.

IMG-20221215-WA0013
Proposta solidaria e ecolóxica para o Nadal limiá.

Galiza Nova volve por terceiro ano consecutivo coa campaña de recollida de xoguetes, libros, roupa e alimentos para combater as desigualdades na Limia.

A campaña, que terá varias fases, arranca esta semana no Café Ítaca e na Tenda de chuches da Praza, que serán punto de recollida de xoguetes e libros ata o domingo 18 de decembro.

IMG-20221215-WA0014

A asociación xuvenil suma nesta iniciativa a entidades de vocación social coma o CDR O Viso ou Cáritas, que participarán no reparto de material ás familias que o precisen. Tamén se unen equipos deportivos coma o Antela FC, que este mesmo domingo 18 de decembro ás 12:00 na Moreira, aproveitando o último partido de liga do ano, creará un espazo de recollida de alimentos non perecedeiros, agasallando con rifas a todo aquel que queira doar.

Xaira Pena, responsable de Galiza Nova, valora a iniciativa así: "é unha acción do pobo para o pobo, porque é entre veciños e veciñas como mellor nos podemos axudar". Con respecto ó cariz de consumo responsable, asegura que "era algo que cumpría facer, xa que é moi necesario un consumo responsable e a concienciación para un mundo máis solidario e ecolóxico ".