Proxecto Bioclimático no IES Lagoa de Antela

Rosendo Fernández (Vicepresidente da Deputación Ourense) acompañado de Elisa Rodríguez Barés (Directora do IES As Lagoas - OUrense), Gabriel Alén Castro (Delegado da Xunta en Ournse) e Judit Fernández Novoa (Directora xeral de Ordenación e Innovac
Proxecto Bioclimático no IES Lagoa de Antela

A Deputación colaborou no proxecto do módulo bioclimático deseñado polo alumnado do IES As Lagoas

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta tarde no IES As Lagoas de Ourense na presentación do proxecto de vivenda pasiva deseñado polo alumnado de STEMBach do centro, e que contou na súa construción coa colaboración da Deputación de Ourense. Este proxecto centrouse no deseño e construción dun módulo bioclimático que servirá de laboratorio sobre a eficiencia enerxética.

Rosendo Fernández (Vicepresidente da Deputación Ourense) acompañado de Elisa Rodríguez Barés (Directora do IES As Lagoas - OUrense), Gabriel Alén Castro (Delegado da Xunta en Ournse) e Judit Fernández Novoa (Directora xeral de Ordenación e Innovación da Xunta de Galicia) asisten a presentación do Módulo Bioclimático desenrolado polos alumnos do IES As Lagoas de Ourense.

Rosendo Fernández estivo acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández; o delegado da Xunta, Gabriel Alén; e representantes do profesorado e alumnado do centro.

Na súa intervención, o vicepresidente resaltou que é “unha honra para a Deputación acompañar ao centro educativo nun proxecto tan innovador”, sinalando que “dentro do papel de cooperación do goberno provincial ten un carácter primordial apoiar iniciativas estratéxicas como esta”.

Os estudantes involucrados na planificación desta construción forman parte do bacharelato STEM, unha modalidade formativa de excelencia que busca promover a vocación do alumnado cara a investigación científica e tecnolóxica. En colaboración coa UVigo e con docentes do grupo de investigación Ephyslab, o estudantado do IES As Lagoas realizou ao longo de tres anos todo o proxecto técnico, incluíndo características do módulo bioclimático como os materiais, orientación e proporcións. A partir de agora, este hábitat pasivo converterase nun espazo de experimentación enerxética para os alumnos do centro educativo.