miércoles 28/7/21

"Os proxectos están perfectamente dotados orzamentariamente para executalos e remátalos, e non para deixalos a medias"-Toni Fernández

O portavoz do PP solicita que se rematen as obras de Sitibal e Bouzo, como están nos proxectos que financiou a Xunta ao 100%
Nota PP

O  partido popular de Xinzo de Limia reclama urxentemente  a través dunha moción que rexistraron no Concello para o vindeiro pleno “o remate en condicións da Travesía do Bouzo”.

Esta travesía, según o seu portavoz Antonio Fernandez Veiga (Toni), supón un grave risco tanto para os viandantes como para o tránsito de vehículos por mor da situación na que se atopa.

Recorda o portavoz do Partido Popular que a Xunta de Galicia financiou o 100 % destas obras que comprenden as pistas Sitibal, Zepetal así e como a travesiía do Bouzo, non para que continuaran na situación precaria na que se atopan,  se non para mellorar a  viabilidade e movilidade do entorno  e o seu remate en condicións, culpando en todo caso a alcadesa e o seu grupo de gobernó de absoluta desidia, falta de interese e ausencia da necesaria vixiancia sobre ditas obras.

Non se pode consentir que deixen sen rematar a Travesía do Bouzo cando os proxectos están perfectamente dotados orzamentariamente para executalos e remátalos, e non para deixalos a medias nun estado deplorable que ademáis poden causar desgracias e males maiores.