2 de febrero de 2021, 19:42
Despois da publicación no dendealimia, na que o grupo popular solicita o pleno que tería que celebrarse este xoves, fontes do goberno municipal manifestan que esta mesma mañá estaban a facer as canalizacións necesarias para a realización do pleno telemático.
NOVOS PRESUPOSTOS
Referente aos novos presupostos, manifestan que están pendentes de que o Ministerio de Facenda os devolva para poder levalos a aprobación do plenario.