O PSdeG impulsa o servizo de hemodinámica 24 horas en Ourense

Concentracion recortes novo edificio CHUO 01
O PSdeG impulsa o servizo de hemodinámica 24 horas en Ourense

A provincia de Ourense pasou a liderar o taxa de mortalidade por infarto de miocardio en Galicia sendo, ademais, 27 puntos superior a media do estado español.

O PSdeG-PSOE vai retomar as iniciativas políticas para reclamar a apertura do servizo de hemodinámica do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) as 24 horas do día, logo de comprobar o deterioro que está a sufrir a atención das doenzas cardíacas na provincia. Segundo os datos do INE para 2016 –o últimos dispoñibles–, Ourense lidera a taxa de mortaldade por cada 100.000 habitantes cunha porcentaxe do 59,7, sendo a maior das provincias galegas. Ademais, esta cifra sitúa á provincia 27 puntos por riba da media estatal. Na actualidade o servizo do CHUO unicamente está dispoñible en horario de oficina –de 8 a 15 horas de luns a venres– o que provoca centros de traslados ó complexo hospitalario de Vigo, o centro de referencia cando non o servizo no está activo.

Solicitan o compromiso da deputación para poñer todo da súa parte á hora de reclamar a equiparación do servizo de hemodinámica do CHUO co resto dos servizos que operan as 24 horas.

"Nos infartos é fundamental unha atención inmediata e os traslados provocan o aumento do tempo de agarda e a reducción das posibilidades de supervivencia. En Ourense, de media, tárdase 1 hora máis na apertura da arteria causante do infarto que en Santiago. Somos os ourensáns cidadáns de segunda para o PP?", denuncia o portavoz provincial, Francisco Fraga. "Os ourensáns están a morrer máis polas deficiencias na atención, porque o PP se empeña en defender que so poden infartar en horario de oficina, pero a realidade é teimuda e o escándalo maiúsculo", advirte Fraga o mesmo tempo que recorda que foron os socialistas o que puxeron en marcha esta unidade de hemodinámica e cardioloxía intervencionista en 2009 e agora son de novo os socialistas os que loitan por un servizo en condicións adecuadas.

A primeira destas iniciativas pasa por unha moción que será debatida no vindeiro pleno da Deputación, na que se reclama esixir á Xunta, de maneira inmediata, e ante os datos do Rexistro Galego de Atención ao Infarto de Miocardio e do INE a implantación do servizo de hemodinámica 24 horas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Así mesmo solicita o compromiso da deputación para poñer todo da súa parte á hora de reclamar a equiparación do servizo de hemodinámica do CHUO co resto dos servizos que operan as 24 horas, e garantir así o dereito dos e das ourensáns/ás a recibir atención inmediata en caso de infarto agudo de miocardio ou outro tipo de afección coronaria na área sanitaria sen teren que se desprazar, evitando o demostrado risco vital.