martes 11/5/21

O PSOE DE XINZO CALIFICA DE “NOVO MAZAZO” A SENTENZA DO TSXG QUE ANULA DUAS CONTRATACIÓNS DO ALCALDE ANTONIO PEREZ.

Dúas sentenzas que anulan as contratacións feitas a súa compañeira , funcionaria de carreira, e a filla de un exalto cargo do PP, como letrada do concello.

Grupo municipal PSOE-XINZO
Grupo municipal PSOE-XINZO

O PSOE pedirá que sexa o propio Alcalde quen asuma os custes procesalas destas anulacións, así como os salarios percibidos indebidamente, por ámbalas dúas persoas.

 Elvira lama Fernández portavoz do grupo Municipal socialista cualifica de “novo mazazo para o recen elixido alcalde de Xinzo de Limia Antonio Pérez, a sentenza do TSXG que ven de anular as dúas contratación feitas, no ano 2013, unha por promoción interna a que concurriu e aprobou a súa compañeira, e a nova praza de letrada do Concello de Xinzo creada nos orzamentos do 2012, baixo a xustificación de que suporía un importante aforro para o Concello.

Cabe recordar neste senso que nos orzamentos do 2013 estaban ornamentados 150.000€ para gastos de sentenzas e indemnización de persoal, que acude os tribunais a defender os despidos que este concello fai irregularmente. “Esta claro que  o Alcalde e  a Concelleira de persoal con dedicación exclusiva na pasada lexislatura, rematan cun moi deficiente, a súa xestión de persoal”. Di Lama

O Grupo Municipal Socialista pedirá a explicación oportunas no vindeiro Plenario, e que se asuman as responsabilidades persoais e políticas dos máximo responsable do Concello que é que firma as contratacións, e o tribunal de selección de persoal.

“Nomear un tribunal de amigos,  para a selección de persoas afíns persoal e politicamente, so demostra una cousa: a falta total e absoluta de transparencia e rigor na forma de gobernar un Concello, seguimos coas practicas de trato de favor  que tanto lle gustan o PP no Concello de Xinzo”, despois veñen as sentenzas que votan por terra tales actuación. Magoa que sexa despois de 24 días do 24 de maio será mala sorteo u casualidade??” remata Elvira Lama.

Comentarios