domingo 08.12.2019
NOTA DE PRENSA PSOE

O PSOE DE XINZO DENUNCIA UN NOVO ESCANDALO ESTA VEZ NOS QUIROFANOS DO CHUO DE OURENSE

Estando na mesa de operación coa anestesia local posta, suspenden a intervención

Os recortes chegan a tal extremo que un paciente ingresado por segunda vez danlle a alta hospitalaria por falta de material cirúrxico,

Estando na mesa de operación coa anestesia local posta, suspenden a intervención, e non puido saír do complexo Hospitalario de Ourense ata hoxe pola tarde, esperando que pasaran os efectos da anestesia..

 Elvira Lama Deputada provincial e portavoz no Concello de Xinzo de Limia do PSdG-PSOE reitera a denuncia de que “algo moi grave está pasando coa sanidade en Ourense para que se teñan que suspender intervencións de pacientes cando xa están nos quirófanos”.

A Xerencia de Xestión Integrada de Ourense terá que responder no so con “acusacións de alarmismo” hacia os responsables políticos que denunciamos publicamente os feitos que coñecemos e temos documentados, senón con datos contrastados de onde se están facendo os verdadeiros recortes na Sanidade Ourensá.

Elvira Lama 3“Xa non é so a falta de persoal que tamen, agora asistimos a falta de material nos consultas e tamen nos quirofanos que xa é o colmo” Di a Portavoz.

Fai uns días por falta de anestesista, hoxe no CHUO de Ourense por falta de material cirúrxico no quirófano;  pode ser certo que o persoal facultativo pode tamén enfermar ou poñerse indispostos, como dicía a pasada semana a propia Xerente e reponsable máxima da Sanidade ourensá Eloina NUñez, o que resulta grave e de risco para a saúde dos pacientes é que non se podan realizar operación por falta de material cirúrxico, e que estando coa anestesia posta se suspenda a intervención e manden o paciente para a habitación en espera de que elimine a anestesia suministrada ata pola tarde dende primeira hora da mañá.

“Non se trata de alarmismo SR. Eloina , se trata da pésima xestión dos recursos públicos que  vostede fai dende a Xerencia, se trata dos recortes que quen os padecen son os pacientes, que non teñen mais remedio que acudir os Hospitais a curar as súas doenzas, ou pensa vostede, que van de vacacións os Hospitais?.Di Lama

Outro novo caso de rabia, impotencia, de graves prexuízos para un paciente,para a súa saúde, para a familia e un novo agravio para a cidadanía da Limia e de todo Ourense, un paciente que ten que volver a casa por segunda vez sen operar e despois de telo no quirófano e anestesiado, danlle a alta por algo tan básico como dispoñer nos quirófanos do material axeitado para facer a intervención. Unha verdadeira vergonza que seguirá en aumento si os pacientes seguen calados...

Comentarios