martes 4/8/20
NOTA DE PRENSA PSOE

O PSOE DE XINZO PIDE A RETIRADA DAS BANDAS RUGOSAS DA VIA DE ENTRADA DENDE A A-52 A N-525

"Os condutores quéixanse de que ademais de molestas provocan avarías nos amortiguadores dos vehículos"

barras 005 (1)
barras 005 (1)

Unhas bandas de desaceleración que foron colocadas na vía de acceso a vila de Xinzo para que os vehículos reduzan a velocidade.

Os condutores quéixanse de que ademais de molestas provocan avarías nos amortiguadores dos vehículos.

Xinzo de Limia 12 de agosto de 2015: O Grupo Municipal Socialista no Concello de Xinzo ven de rexistrar a solicitude para que o Alcalde faga retirar as bandas da estrada principal de entrada e saída da vila.

Unha demanda social de moitos veciños e veciñas que teñen que transitar por esa vía tódolos días do ano, varias veces o día, porque deben acudir o seu traballo ou ben por que tamén é unha vía que nos conecta con pobos desa zona do propio Concello ou con  outros concellos limítrofes como Vilar de Barrio.Elvira Lama 3

A solicitude para que retiren as bandas de desaceleración que están na vía de acceso entre a autovía A-52 e a Nacional 525, xurde porque están a provocar numerosas avarías nos propios vehículos, e porque levan colocadas demasiado tempo, sen que se este a traballar nesa zona en concreto.

Estas bandas supostamente foron colocadas no mes de abril diste ano, en época preelectoral, co argumento de facer una rotonda de acceso o Polígono Industrial, onde o PP prometeu  que se ia construír unha area comercial

“Pasaron xa case cinco meses, as obras apenas iniciadas duraron escasos días e dende aquelas, seguen alí colocadas provocando o cabreo dos condutores e usuarios da mencionada vía de entrada e saída de Xinzo cara a autovía, ou cara os pobos da zona e o concello de Vilar de Barrio”, di Elvira Lama a portavoz dos socialistas.

“Esta estrada ten un limite de velocidade de 70 km/h e coas bandas colocadas antes  e despois do cruce do Polígono Industrial de Xinzo a velocidade reducese a 30KM/h ou menos,  tamén provoca que moitos condutores busquen vías alternativas que son pistas agrícolas nada recomendables polo perigo que supoñen” remata a portavoz dos socialistas. Por todo iso pidenlle o Alcalde quefaga a xestions oportunas para que sexan retiradas e tamén imformación de porque non se continuaron as obras e cando se voltaran a reanudar.

Comentarios