jueves 09.07.2020
NOTA DE PRENSA DO PSdG-PSOE

Rairiz gasta mais en soldos de políticos do que invirte no pobo

Gasta  32.000 €/ano en pagarlle a alcaldesa e a unha concelleira e invirte tan só 5.570 € nuns columpios  infantis , segundo afirma o portavoz do PSOE no Concello

concello de rairiz de veiga
concello de rairiz de veiga

O PSOE de Rairiz critica a falta de orzamentos no concello a estas alturas de ano e reclama que os vindeiros en ser aprobados sexan máis inclusivos e pensando máis nos intereses da veciñanza. O portavoz socialista en Rairiz de Veiga, Pablo Lorenzo, considera que os orzamentos do ano pasado están “obsoletos e non recolle as necesidades actuais do municipio e da súa cidadanía”. Ademais lembra que o capítulo de inversión nos orzamentos do 2016 recollía unha mellora nos camiños rurais de 68.473 euros, un grupo electróxeno para a residencia por 9.516 euros así coma a alta de subministración eléctrica por un importe de 11.322 €, do cal se deduce que “a única inversión real do concello de Rairiz foi nuns columpios infantís aos que se destinaron 5.570 euros”.

Pablo PSOE Rairiz 2

Lorenzo recalca este feito xa que “por unha banda, a mellora nos camiños viña subvencionada polo fondo AGADER e o resto de inversións ían destinadas a unha instalación, a residencia, xestionada por unha empresa privada”. Explicado isto, enténdese porque os socialistas denuncian que a inversión real aportada polo concello, dista moito da que venderon dende o goberno local mediante propaganda.

Sen embargo, as retribucións dos membros da corporación (alcaldesa e concelleira) con dedicacións parciais ascenden a 32.000 euros brutos anuais.                        Pablo Lorenzo sinala: “Dende o PSdeG-PSOE consideramos indecente que se destine mais diñeiro a pagar as retribucións da alcaldesa e da concelleira que a inversións reais nas aldeas de Rairiz”. Con estes antecedentes, os socialistas, urxen a aprobación dos orzamentos para o ano en curso cun capítulo de inversións que, de ningún xeito, sexa superado por as retribucións dos membros do grupo de goberno con dedicación.             

Así mesmo, esixen que, dentro desas inversións, se destine expresamente unha partida para a promoción e fomento dun mercado artesanal en Congostro, moción que presentou o grupo socialista e que cos votos do grupo de goberno municipal serviron para deixala sobre a mesa ata o próximo pleno. O Grupo Municipal Socialista amosa a súa estupefacción ante feitos como este, no que se adían propostas novidosas e que axudan ao desenvolvemento do concello mentres se mira polos intereses de empresas privadas. Os socialistas denuncian a parálise á que somete o grupo de goberno, presidido por Asunción Morgade, ao concello de Rairiz, sendo incapaces de recoñecer unha boa proposta cando a teñen diante mentres eles non fan nada por mellorar a situación. Pablo Lorenzo reclámalle á alcaldesa que deixe de gobernar en función dos intereses doutros ou do partido que a acolleu e comece a xestionar o concello en base ao que demandan e precisan os veciños e veciñas do concello limiao.

Comentarios