martes 21/9/21

Recordos dun pobo da Limia-Perrelos

Escrito polo profesor universitario, formador de formadores ao longo da súa carreira profesional na OUVIGO.

Estracto dunha das pasaxes do libro:

Os antiguos pra ir prá Veija, praticaban a “veceira”. Por rolda, un veciño ou dous tanguían todo o gando ata alá, vacas, ovellas, burras, mulas… pra que foran pacer. Á volta, ó anoitecer, á entrada do pueblo os veciños estaban esperando a recoller cada quen os seus animais. Esta veceira só se podía arranxar no verao, pois no inverno estaba casi todo encharcado de auga. E ademáis, como os días eran máis pequenos e aVeija estaba lonxe, non lle merecía a pena.

  Portada libro Brandin    Nos anos 80 todas estas zonas das Veigas foron acondicionadas prá agricultura. Desecáronse as charcas e rías, allanouse o terreo e comenzaronse a botar máis extensiós de patacas, cousa boa, aínda que se abusou un pouco dos productos “modernos”.  Algo parecido ó que aconteceu cando se desecou a Lagoa de Antela. Acabouse o croar ou cantar dos milleros e milleiros das ras que, nas noitiñas quentes de primaveira, alouxaban os ouvidos aínda que te encontraras ben lonxe. Acabáronse os seus zancos, marisco da Limia que solo quedan en pequenas charcas. Desapareceron as enormes bandadas de xixós que faguían ruído e sombra cando se levantaban a voar. E o que tamén desaparece foi o paxaro máis típico da Veija, o pernileiro (alcaraván), que lle chamabamos “correcamiños”, porque os rapaces divertiamonos correndo trás dil que, como tiña unhas patas moi largas, botábase a correr en vez de voar, que só o faguía cando se vía algo apurado.

      Parece ser que, alguhas destas actuaciós deberon de aquilatarse algo mellor. Non se pode arrasar con todo A Natureza ten as súas normas de comportamento e supervivencia, si non se respetan, veñen as enfermidades, as plagas, as perdas de calidade, necesidade abusiva de mútiples productos químicos nocivos…

      Asociacións Ecolóxicas non estiveron moi dacordo en como se produxo o allanamento destas veigas, nin tampouco cos modos en como se desecou a Lagoa de Antela. Admitiron acertos de producción pero tamén deficiencias. Non deixaron humedais. Nunca se debeu desecar toda a Lagoa, tan só as partes altas do arredor. E, como moito, manter unha zona de auga no medio. Prá os que a vivimos recordámola como realmente agradable, tranquila, silenciosa, transmisora de paz. Pero con gran trasiego de aves nas primaveiras. Hoxe sería un lugar de andainas ecolóxicas, con aulas temáticas informativas da Natureza. (Un Doñana galego?)

      Como as terras da Laguna teñen pouco humus, agora hai que cultivar as patacas a base de lle botar moitos abonos das granxas e compoñentes químicos, regar e sulfatar con productos algo contaminantes. Máis cantidade pero peor calidade. Habería que arranxar esta particularidade pra quedar nun término intermedio, máis cantidade pero sin rebaixar a calidade controlando as químicas. Mantendo a fama que tiberon sempre as patacas da Limia. Nunha confederación de Países Nórdicos de Europa chegou a afirmarse que indemnizarían á Limia con boa cantidade de diñeiro si non se tivesen destruido e mermado estas bases ecolóxicas e de trasiego de aves nas migracións Norte-Sur.

      A Sociedade Española de Ornitoloxía leva advertindo dos grandes perigos que estas accións están causando sobre a saúde humana. Cando se actúa sobre a Nai Natureza é indispensable sopesar e valorar os beneficios económicos cos seus efectos sobre a saúde. E que os expertos decidan, en cada caso, que se pode faguer, en que cuantía se pode intervir, e como actuar.