Rematou a IV edición do torneo solidario de fútbol sala

torneo solidario 2016 NN.XX-2
Rematou a IV edición do torneo solidario de fútbol sala

1600 Kg de alimentos non perecedeiros recolléronse en total

Construcciones Rivero en afeccionados e DModa en veteranos foron os gañadores desta edición en cada unha das modalidades.

Ata o pavillón de Xinzo achegáronse por horas unha morea de afeccionados a este deporte que fixo que o torneo obtivera o éxito que se esperaba.

A organización do mesmo NN.XX. de Xinzo, quere agradecer a tódolos participantes a súa asistencia , así como ós patrocinadores e moi especialmente ós árbitros dos partidos e a concellería de deportes do Concello de Xinzo e moi especialmente ó concelleiro da mesma Luís M. Gil.

Como xa contábamos onte, todos os alimentos recadados serán entregados proximamente a Cáritas Xinzo.