A Reserva Gêres-Xurés estará dirixida pola Xunta

Reserva da Biosfera do Gerês-Xurés, no Concello de Lobeira. | FOTO: Recuperada.
A Reserva Gêres-Xurés estará dirixida pola Xunta
O plan de acción da reserva para o período 2022/25 actuará en seis municipios da Limia

A Reserva da Biosfera Xurés Gerés, estará presidida nos próximos anos pola Xunta, concretamente baixo a man de Belén do Campo, directora xeral do Patrimonio Natural.

Así, elaborouse un plan de acción da reserva para o período 2022/25. O plan foi aprobado nunha reunión na localidade de Gerés, no Centro de Educación Ambiental do Vidoeiro. Este plan actuará en 12 municipios, seis deles na provincia de Ourense: Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños.

Ademais, inclúe catro liñas de actuación: a conservación da natureza, a participación social e integración dos axentes locais, institucións e habitantes da zona, o desenvolvemento socioeconómico, e a identidade e imaxe da zona.