viernes 5/3/21

O pleno de Xinzo non debatirá a moción presentada polo PP

IMG-20210222-WA0017
Foto enviada polo grupo Popular de Xinzo

Hoxe na votación da Comisión Informativa de Facenda, Alcaldesa e o resto dos representantes do Grupo de Goberno decidiron non levar ao debate, ao vindeiro  pleno, a moción das axudas municipais pola crise  da Covid; rexistrada polo Grupo Popular.

Unha vez máis queda latente a hipocrisía e a demagoxia dun goberno municipal que volve deixar de lado a unha veciñanza necesitada de auxilio; unha vez máis demostran o pouco interese polo noso sector económico e a desgraza que está vivir.

É moi sinxelo saír na foto cun cartel en contra da Xunta polo peche da hostalaría ou vender o reparto de  80 mil € entre os autónomos; cando ao final só repartes 25 mil €. É moi sinxelo poñerse un gran soldo e cargar sempre contra a Xunta por non ser da túa cor política; pero a hora da verdade xa se ve quen axuda.

O Grupo de Goberno do noso Concello só repartiu 25 mil €; a Xunta repartiu na primeira fase 233 mil €. As axudas do concello só chegaron a 84 autónomxs e as da Xunta a 144 hostalerxs.

Hoxe deixouse de lado unha moción de axudas directas de 1 millón de €. Cantidade que sae do superávit, do capítulo de inversión, do presuposto do Entroido 2021 e o fondo de continxencia. Ese diñeiro está aí, non son fantasías, nin os “bulos” que Alcaldía e  Grupo de Goberno venden na prensa e nas redes sociais. Hai diñeiro pero non interese, co tempo vaise demostrando o pouco que preocupa a crise que está a sufrir a nosa cidadanía.

Dende o Grupo Municipal Popular seguiremos loitando por estas axudas, xa que a nosa prioridade é a veciñanza. Pediremos en todas as institucións, como fixemos sempre, sexa cal sexa a cor política. O benestar dunha veciña ou veciño está por riba de intereses políticos ou económicos das concelleiras e concelleiros do Partido Popular de Xinzo.