martes 10.12.2019

Reunión dos portavoces con VIAQUA

O martes  28 ás 12:00

Reunión dos portavoces con VIAQUA

Tal e como xa anunciara a semana pasada o alcalde , xa está fixada a reunión dos portavoces dos partidos políticos que conforman a corporación de Xinzo e a empresa encargada da xestión da auga  VIAQUA.

Esta reunión foi solicitada polo alcalde a empresa despois dos comentarios e postura adoptada polos partidos da oposición ante a aprobación da subida do IPC no abastecemento da auga para o ano 2018.

A mesma acudirán ou están invitados por parte do concello os portavoces e por parte da empresa estará a xerente e un técnico da mesma.