miércoles 11.12.2019

O rexurdir dun taller con moita historia en Xinzo

Agora é talleres D ´Meno o que se fixo cargo da rehabilitación e posta en marcha

O rexurdir dun taller con moita historia  en Xinzo

Sempre é doado falar de que un negocio amplía e aínda máis se o fai nun lugar con moita historia no mundo automobilístico  da vila, neste caso na avd.  de Madrid, para onde levou o seu negocio talleres D ´Meno, As noticias nos tempos que corren soe ser que tal ou cal establecemento pecha as portas. Parabéns polo tanto ao seu propietario e por suposto ao seu equipo de traballadores que agora se amplía.

FIAT- KIA- KIA -FIAT

O novo taller tamén será concesionario-axente das marcas  FIAT e KÍA. Por tal motivo desprazáronse ata capital da Limia representantes das dúas firmas en Ourense, que compartiron o “lunch” ofrecido aos moitos clientes de D ´Meno e ademais amigos, cousas que non soen ir da man xeralmente. Entre os clientes e a vez amigos encontrábase o tenente alcalde Amador Díaz.