lunes 10/8/20
Literatura

Riveiro Coello presenta este venres "A ferida do vento"

A novela, editada pola Editorial Galaxia, xa se atopa dispoñible nas librarías.

riveirocoello
riveirocoello

Este venres, día 10 de febreiro, o escritor limián Antón Riveiro Coello presentará o seu novo libro "A Ferida do Vento". O acto de presentación será a partir das 20:30 horas na Casa da Cultura de Xinzo de Limia.

Ao fillo predilecto de Xinzo acompañarao Carlos Lema, Delfín Caseiro, Manuel Seoane Feijóo e o concelleiro de Turismo e deputado popular, Carlos Gómez Salgado.

A novela, editada pola Editorial Galaxia, xa se atopa dispoñible nas librarías.

Comentarios