jueves 29/10/20
ROUBO

Rouban esta noite pasada en tres establecementos de Xinzo

Os amigos do alleo adicaronse esta noite pasada a entrar en tres tendas minoristas da rúa S. Roque

IMG_4805
Foto de arquivo

Esta vez tocoulle a tres tendas da rúa S. Roque

SOLO QUERÍAN CARTOS

En dúas delas o único que fixeron foi destrozos nas portas de entrada pero como non había cartos en efectivo, non se levaron nada, apesares de haber nunha delas un televisor e unha Tablet.

Na outra si se levaron o que había na caixa , ademáis dunha cantidade bastante elevada de cartos  que pertencían a comisión organizadora da festa de S. Roque, e que neste caso estaban bastante escondidos.

Avisados os corpos de seguridade neste caso a Guardia Civil e a Policía Local o único que puderon facer foi tomarlle declaración aos afectados.

Rouban esta noite pasada en tres establecementos de Xinzo
Comentarios