Roubo no campo da Moreira

Lugar onde abandonaron o roubado
Roubo no campo da Moreira

Os ladróns abandonaron todo a 250 m. do lugar

Esta mañá, cando parte da directiva do Antela se presentou no campo para preparar todo para o partido desta tarde, atopáronse que estaba forzada a porta que da acceso ao bar. Cando miraron percatáronse que ademais de varias caixas de bebidas faltaba a cafeteira, tan importante para as tardes como a que se espera hoxe.

Tamén faltaban caixas enteiras de cervexas e refrescos.

ABANDOADAS MOI PRETO.

Os ladróns aproveitaron unha carretilla que tiñan no propio campo para meter todo aquilo que colleron, rastro que seguiron os directivos ata dar a pouco máis de 250 m na cuneta da pista, de todo o material, que en principio se levaran.

20230115_110810
"Botín" abandonado.

Avisada a Garda Civil comezaron por sacar fotos do lugar onde se atoparon as cousas para despois, os directivos, carrexalas outra vez para o campo.

Segundo indicaban, tanto a garda civil como os propios directivos, supoñen que cando se marchaban co “botín” aparecería un coche e eles abandonaron todo e votaron a correr.