miércoles 3/3/21

Que a rúa Blanco Amor recupere a mobilidade do tráfico nun sentido como estaba antes de facela peonil.

Esta será unha petición do grupo Popular no próximo pleno
IMG_20210110_200657[1]
IMG_20210110_200657[1]

O Grupo Municipal Popular  rexistrou hoxe unha moción para debater e aprobar  no vindeiro plenario que se celebre no Concello de Xinzo os seguintes acordos:

Instar ao Concello de Xinzo de Limia a:

 1.- Que a rúa Blanco Amor recupere a mobilidade do tráfico nun sentido como estaba antes de facela peonil.

2.- Se coloque os contedores de lixo e reciclaxe na rúa Blanco Amor e a xardineira da entrada coa rúa Jesús C. Romero Nieto nun lugar que non estorbe o movemento dos camións do lixo ou de bombeiros.

IMG_20210111_172331[1]Queixas veciñais, fotos de bolsas de lixo tiradas na rúa, problemas de mobilidade ou dificultade para a entrada dun camión de bombeiros; son situacións na que se atopa a rúa Branco Amor da vila de Xinzo dende que o Grupo de Goberno decidiu facela peonil e colocar unha xardineira de pedra no medio dunhas das  entradas.

Problemática que afecta tamén ás rúas lindeiras creando momentos de tensión entre veciñas e veciños. Problemática de non ter onde depositar o lixo, problemática para a recollida deste ou a entrada do camión dos bombeiros por culpa dunha xardineira.

A cidadanía non entende o motivo de facer peonil esta pequena rúa, onde o movemento de peóns é pequeno, con escaso movemento comercial, sin consenso entre todas as forzas políticas con representación municipal ou sen consenso cos propios veciños e veciñas. Non entende que por unha xardineira non se podan ter os contedores do lixo na mesma rúa.

Toda esta problemática arránxase coa volta ao sentido único da mobilidade do tráfico, volver a levar os contedores de lixo e reciclaxe a rúa Blanco Amor e recolocando a xardineira.

Dende o Grupo Municipal Popular do Concello de Xinzo de Limia queremos que o Grupo de Goberno, vía aprobación no plenario, devolva a rúa Branco Amor a mobilidade e os servizos que tivo sempre.