Sandiás compartiu a celebración do día dous humidais e dos 50 anos do gog-sghn cunha visita guiada polo complexo húmido limia-antela

Celebración do día dos humedais en Sandiás
Sandiás compartiu a celebración do día dous humidais e dos 50 anos do gog-sghn cunha visita guiada polo complexo húmido limia-antela
Pola tarde para rematar asistiron a unha conferencia de Serafín Gonzlez (Pte. da SGHN)

O Concello de Sandiás vén de compartir coa Sociedade Galega de Historia Natural o día dos humidais e os 50 anos de existencia da mesma cunha visita guiada polo complexo húmido Limia-Antela.

Marcos e Isabel e os membros da Sección Antela acompañaron a Serafin presidente da SGHN para visitar os traballos realizados pola sección Antela da devandita sociedade científica,comenzando esta visita arredor de 40 persoas este sábado 4 de febrero.

A mañá dedicárona a vistar a Veiga de Vilaseca ou “Humidal Antonio Villarino” onde pudieron observar os traballos de limpeza e restauración realizados.

A segunda visita foi á Veiga de Gomareite, espazo rehabilitado para a Conícora, a Pillara e as cegoñelas.

Pola tarde, despois dunha comida compartida, visitaron as Areeiras. Un primeiro proxecto denominado “Poza das Conícoras” onde se suavizaron os noiros verticais e creáronse desniveis para xerar illotes arenosos onde a avifauna descanse, críe e aliméntese, ademais dos labores de limpeza. O segundo proxecto visitado foi o denominado “Poza dos Arieiros”, onde se pode atopar Epidularia e Anduriñas das Barreiras, entre outras especies.

Finalmente, xa no Centro de Interpretación da Lagoa de Antela púidose realizar unha visita lóstrego e concluír o denso día cun saúdo do alcalde Felipe Traveso e unha magnífica conferencia de Serafín González, presidente da SGHN.

A conferencia foi seguida dun amplo diálogo sobre tema tan diversos como os regadíos, o problema do descenso dos chans na Lagoa de Antela e o empobrecemento dos mesmos, as intencións do MITECO e a situación actual do Proxecto Sectorial das Areeiras, entre outros asuntos.