martes 10.12.2019
ACTO HOMENAXE A MARIA DEL VALLE E SALUD TORRES

"Secuestradas e asasinadas sen piedade nun camiño"

sábado día 23 de novembro ás 12:30h en Mosteiro de Ribeira (Xinzo de Limia)

Maria del Valle e Salud Torres foran detidas e levadas ó cárcere de Bande. O 29 de outubro de 1937 foron secuestradas e asasinadas sen piedade nun camiño. Recollidas por un veciño, foron soterradas no cemiterio de Mosteiro.

IMG-20191121-WA0000

A instancias da familia, a ARMH (Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica) tentou recuperar os seus corpos en xullo de 2019 pero non foi posible polo mal estado de conservación do cemiterio parroquial. Agora chegou o momento da colocación dunha sinalización no lugar onde foran soterradas, como lembranza e honra permanente, en colaboración co Concello de Xinzo de Limia

O acto de homenxe a estas duas mulleres victimas do franquismo será o sábado día 23 de novembro ás 12:30h en Mosteiro de Ribeira (Xinzo de Limia) para a inauguración da placa na honra de María del Valle e Salud Torres.

No acto participarán poetas, músicos, familiares, veciñas e veciños e membros da ARMH.