martes 19/1/21

Sergas e Concellos préganlle ás persoas elixidas que acudan á cita para limitar a transmisión e detectar asintomáticos

Os alcaldes dos concellos obxeto do cribado do sábado, pidenlle tamén  a ciudadanía que acudan a facer as probas

 Nas páxinas oficiáis dos concellos cuxos veciños están chamados a facer as probas PCR este sábado en Xinzo, sacaron comunicados pedíndolle aos seus veciños que acudan en masa a facer as probas, pois esta, é a maneira de que as persoas asintomáticas estean pola rúa contaxiando aos outros veciños, así como aos seus contactos cercanos.

 O concello de Xinzo tamén sacou un comunicado no que di:

Como é habitual, o cribado será voluntario, pero tanto as autoridades sanitarias como o propio Concello instan a participar a todas as persoas seleccionados, así como a seguir as instrucións en canto a horarios e medidas de protección. O obxectivo é aproximarse ao 100% de participación, superando á do anterior cribado.

A citación realízase a través dunha mensaxe de SMS ao teléfono que consta na ficha de cada usuario (xa se empezaron a enviar esta mesma mañá), na que se lle indica a hora e lugar ao que debe dirixirse. Por elo, o Servizo Galego de Saúde lembra a importancia de manter os datos de contacto actualizados e comprobar se se está dado de alta no sistema de mensaxería telefónica do Sergas.

Os resultados coñeceranse os vindeiros días, notificándose os negativos vía SMS e os positivos directamente desde o Centro de Saúde de cada usuario.

Estas probas non se poden confundir coas indicadas aos contactos directos ou estreitos dos pacientes positivos a COVID-19, que continúan realizándose por outra vía. Neste caso, trátase de facer probas a persoas sas e sen síntomas, precisamente para obter unha imaxe da evolución epidemiolóxica, nun tempo e espazo determinado, segundo informou está mesma mañá o Sergas.