OS SOCIALISTAS LOGRAN QUE A ASOCIACIÓN DA PANTALLA POIDA MANTER O SEU ESPAZO NO MUSEO GALEGO DO ENTROIDO DE XINZO DE LIMIA LOGO DA CESIÓN Á DEPUTACIÓN DE OURENSE

_MG_5853
OS SOCIALISTAS LOGRAN QUE A ASOCIACIÓN DA PANTALLA POIDA MANTER O SEU ESPAZO NO MUSEO GALEGO DO ENTROIDO DE XINZO DE LIMIA LOGO DA CESIÓN Á DEPUTACIÓN DE OURENSE

Unha emenda de Elvira Lama permitiu que a redacción definitiva que vimos de coñecer recolla textualmente que o convenio “queda condicionado á reserva de uso a favor da Asociación A Pantalla”

NOTA DE PRENSA GRUPO SOCIALISTAS DE XINZO

A Asociación A Pantalla poderá seguir a empregar un local situado na planta baixa do edificio do Museo Galego do Entroido (MUGAE) de Xinzo de Limia, grazas ó traballo e ás xestións realizadas polo PSdeG-PSOE, trala aprobación da cesión deste espazo á Deputación de Ourense. E que o convenio co Concello de Xinzo para a súa transferencia en réxime de servizo público supramunicipal de competencia provincial non incluía unha regulación específica para esta particularidade –esta asociación empresa ese lugar desde o ano 2003 para preparativos dos diferentes días do ciclo do Entroido– ata que a deputada e concelleira, Elvira Lama, presentou unha emenda in voce que foi aprobada polo pleno.

Esa emenda permitiu que a redacción definitiva que vimos de coñecer estes días, recolla textualmente que o convenio “queda condicionado á reserva de uso a favor da Asociación A Pantalla do espazo da planta baixa do inmoble que ata agora viña utilizando a asociación, para o que se habilitará un acceso independente desde o exterior”. plenoouç (4)Lama destaca que, con iniciativas como estas, os socialistas “demostran que están preocupados por defender os intereses das persoas que, desde hai 25 anos, traballan realmente polo impulso dss tradicións e ó museo máis importante de Xinzo” e non como o PP que “só traballa arreo para enchufar os seus amigos”. “É vergoñento que o concelleiro de Cultura, Carlos Gómez, non fixese absolutamente nada por solventar este problema”, salienta. “A súa incapacidade para manter aberto o museo e o seu desleixo coas asociacións locais, son outra evidente proba da súa indigna estratexia para derribar a vida cultural de Xinzo”, denuncia.

Lama recorda que debido a incompetencia do PP, o MUGAE permanece pechado practicamente todo o ano desde 2015. “A pesar diso foi atendido por persoal voluntario da Asociación A Pantalla, que mostrou e explicou desinteresadamente ós visitantes a historia e as pezas do museo”, asegura. A deputada e concelleira tamén destaca o importante papel asumido por esta asociación para a difusión das particularidades e tradicións do Entroido de Xinzo de xeración en xeración, unha labor que vergoñentamente o PP esqueceu recoñecer. “A asociación foi ninguneada a pesar de que incluso se ofreceron a xestionar o MUGAE, foron desprezados á hora de redactar o convenio e, para colmo, case os botan pola calada”, denuncia.

Así mesmo e tamén a iniciativa da deputada e concelleira socialista, un representante da asociación designado pola súa directiva, formará parte do Consello Asesor do MUGAE, como órgano de informe e seguimento da xestión do museo, outra das medidas contempladas no convenio de cesión. O convenio inclúe a transferencia do servizo público municipal do museo e a cesión de uso indefinido do inmoble. “O máis importante é o recoñecemento a labor da asociación, que foi e seguirá sendo a alma mater do Museo Galego do Entroido e de toda as persoas que traballan arreo para que este patrimonio cultural non se perda. Agora o que resta é situar o MUGAE como referente e como centro de divulgación de todos os entroidos de Galicia” conclúe Lama.