30 de abril de 2020, 23:07
En todos os concellos da Limia, por ter menos de 5.000 habitantes, as normas horarias aprobadas para os paseos e facer deporte, non son de cumprimento. Nestes concellos a poboación pode saír a calquera hora do día, sen saír do propio municipio. Solo unha vez ao día.
Coidado de hortos
Tamén este xoves se aprobará que queda permitido o coidado e recolección de produtos agrícolas, sempre e cando este se atope dentro do mesmo municipio da residencia ou nun limítrofe. Os traballos nos hortos deberán ser desempeñados por unha soa persoa.